info@triwus.com · 881 863 495 |
|
|
|
|
|
|
|
|

DESEÑO DE SOFTWARE
A programación que empregamos en toda a nosa plataforma web é modular e flexible, con capacidade de adaptación e actualización. Todo o núcleo de Triwus foi 100% creado por nós. De maneira complementaria á programación incluída na base de todas as nosas webs, tamén realizamos deseño de software á medida das túas necesidades, para que deas renda solta ás túas ideas e proxectos.
Ferramentas web para contribuír á maduración e consolidación de proxectos empresariais no ámbito da economía social. CONSOLIDA_ES enmárcase dentro do proxecto LACES, laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, o cal persegue fomentar a economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal como fórmula solidaria e colaborativa, favorecendo a creación de empresas e postos de traballo de calidade no espazo transfronteirizo.
CONSOLIDA_ES conta con tres tipos de aplicacións para dar solución a proxectos empresariais, enmarcados dentro da economía social nas fases de maduración, creación e consolidación.
PLAN DE EMPRESA + CANVAS Ferramenta dirixida a definir unha idea de negocio, axudando no proceso reflexivo que permite analizar tanto a viabilidade técnica coma económica do proxecto empresarial.
PLAN DE MELLORA Ferramenta de revisión encamiñada a redefinir e optimizar os procesos. Axudando a mellorar a competitividade do negocio, respectando sempre os principios cooperativos.
RESPONSABILIDADE SOCIAL Diagnose previa para a posterior implantación da Responsabilidade Social, supón dar un paso máis a prol da incidencia que a entidade ten co entorno e coas persoas que o forman.
LINK: https://consolidaes.com
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.
Recargar
Flexibilidade & Software libre
A programación dinámica desenvolvémola no seu maior parte con linguaxe PHP e bases de datos MySQL, por ser unhas das tecnoloxías web máis usadas a nivel mundial e ofrecer grandes vantaxes respecto doutras plataformas xa que ao ser software libre teñen soporte para todo tipo de servidores e sistemas operativos, permiten total flexibilidade á hora de migrar entre servidores e ademais non supoñen ningún custo en licenzas.
A programación estática facémola mediante (x)HTML, follas de estilos CSS e JavaScript / AJAX para crear interfaces de usuario avanzadas.
Últimos proxectos web con deseño de software a medida integrado
ALERTAS DE ILUMINACIÓN
Aplicación de xestión de incidencias na iluminación pública a través da web para os cidadáns de Porto do Son. https://miyares.es
PLAZAS DE ABASTOS DE GALICIA
Marketplace formado por praceiros asociados a FEPRAGAL, central de vendas con xestión de vendedores individual. https://plazasabastosgalicia.com
REXISTRO DE SOCIOS CRCC
Formularios multidispositivo pesonalizados para a captación de socios online a través da web do Club de Remo de Cabo de Cruz. https://crcc.gal
PLANOS INTERACTIVOS SVG
Planos das Prazas de Abastos en SVG interactivos onde se amosan as distintas tipoloxías de postos coa ficha dos praceiros correspondentes. https://fepragal.es
CALCULADORA & COTIZACIÓNS
Consultas en tempo real áo Ministerio de Industria para amosar prezos actualizados dos combustibles. Calculadora para consultar os distintos descontos. https://garlou.com
XESTOR DE RECURSOS TURÍSTICOS
Aplicación para xestionar Recursos Turísticos, onde calquera usuario pode realizar unha proposta de revisión dos datos asociados a un recurso turístico. https://boiroturismo.gal
Tes unha idea?
Chamámoste gratuitamente e sen compromiso
Se tes unha idea e che xenera dúbidas sobre a súa viabilidade á hora de levala á cabo podemos darche unha opinión profesional. Estamos encantados de axudarche no que estea nas nosas mans. Simplemente cobre o seguinte formulario e nós poñémonos en contacto contigo o máis axiña posible.
Os datos facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro declarado ante a AEPD. Este ficheiro ten como finalidade atender ás consultas realizadas, vostede consente o tratamento destes datos coa finalidade mencionada. En relación cos datos solicitados, o usuario poderá exercitar os dereitos recoñecidos pola Lei e, en particular, os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación de datos e oposición, se resultase pertinente, así como o dereito de revogar o consentimento prestado para a cesión dos seus datos. Tales dereitos poderán ser exercitados polo usuario ou, no seu caso, por quen o represente, mediante solicitude escrita e asinada, dirixida á seguinte dirección: Triwus, Sociedade Cooperativa Galega, Rúa Principal, núm. 50, 15930, Boiro (A Coruña-España). A solicitude deberá conter os seguintes datos: nome e apelidos do usuario, domicilio a efectos de notificacións, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e contido concreto do dereito exercitado.
|
|