Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

Subvencións 2018 para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais *
Código de procedemento IN201H

 * O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O VINDEIRO 1 DE MARZO

 

Gastos subvencionables
Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de outubro de 2018



Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.

O investimento máximo subvencionable:
– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web corporativa é de 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a mellora e actualización da páxina web con venda en liña é de 1.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable. O investimento subvencionable deberase adecuar ás seguintes características técnicas e de deseño:

 

No caso da web corporativa:

– Estar optimizada para SEO.
– Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web.
– Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles.
– Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp.
– Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, links ás redes sociais da empresa.
– Ter instalado e configurado Google Analytics.

 

No caso de web con acceso a tenda en liña, ademais do previsto anteriormente para a páxina web, deberá:

– Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.
– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que se dispoñen na tenda física.
– Ter pasarela de pagamento.

 


Implantación de ferramentas de xestión:

- Sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
O investimento máximo subvencionable será de 3.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

 

Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.
647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.
647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.
651. Comercio polo miúdo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.
652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.
652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.
654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.
654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.
659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.
659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutería.
659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestir, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.
662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.
663. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente.

 

 

 

 

Tes algunha dúbida?

En Triwus ofrecémosche asesoramento gratuíto

En Triwus ofrecemos solucións de consultoría estratéxica a emprendedores, PEMES e organismos públicos, na procura dunha xestión eficiente dos seus recursos. Estudiamos a viabilidade de proxectos e axudamos na procura ou xestión de programas de axuda, etc.

Visítanos e consulta as túas dúbidas sen ningún compromiso, lembra que sempre podes empregar os formularios de contacto como o que tes nesta mesma sección. Grazas!

 

 





Os datos facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro declarado ante a AEPD. Este ficheiro ten como finalidade atender ás consultas realizadas, vostede consente o tratamento destes datos coa finalidade mencionada. En relación cos datos solicitados, o usuario poderá exercitar os dereitos recoñecidos pola Lei e, en particular, os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación de datos e oposición, se resultase pertinente, así como o dereito de revogar o consentimento prestado para a cesión dos seus datos. Tales dereitos poderán ser exercitados polo usuario ou, no seu caso, por quen o represente, mediante solicitude escrita e asinada, dirixida á seguinte dirección: Triwus, Sociedade Cooperativa Galega, Rúa Principal, núm. 50, 15930, Boiro (A Coruña-España). A solicitude deberá conter os seguintes datos: nome e apelidos do usuario, domicilio a efectos de notificacións, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e contido concreto do dereito exercitado.