Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

Bono autónom@s 2018

 

Se eres unha persoa autónoma que leva máis de 42 meses de alta ininterrompida, tes un rendemento neto reducido de actividades económicas inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria, estas de sorte porque te podes beneficiar do BONO PARA PERSOAS AUTÓNOMAS que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición de aquelas persoas interesadas en:

  • poñer en marcha unha páxina web
  • crear unha aplicación informática
  • deseñar un logotipo

O BONO consiste nun anticipo a fondo perdido do 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Non deixes pasar esta oportunidade de actualizar o teu negocio e solicítanos + info sen compromiso.

Recorda que o prazo para presentar a solicitude remata o vindeiro 4 de xullo, e no caso de que haxa moitas solicitudes, a concesión das axudas irán por rigorosa orde de entrada no rexistro.

Podes consultar a Orde de Axudas completa publicada no DOG pinchando aquí.

Se crees que che pode interesar, contacta con nós

 

Debido á forte demanda desta liña de axudas, recomendamos a todas aquelas persoas interesadas que contacten o antes posible con nós, para desta maneira poder estudiar cada caso concreto con tempo, especialmente naqueles que precisen deseño de software a medida.

 

Tfno: 881 863 495





Leo e acepto a política de privacidade