Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Triwus
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Deseño gráfico

Poñemos a nosa experiencia como profesionais do deseño gráfico a túa disposición para xerar solucións gráficas ás necesidades do teu negocio.

Deseño de marcas

Branding

Deseño de marcas

Desde Triwus propoñemos o deseño de logotipos que comuniquen a identidade corporativa das empresas de forma única e creativa. Nun ambiente competitivo e cheo de ruído é fundamental contar cunha marca adaptable que represente a voz do teu negocio, por iso sempre coidamos que as noas marcas se axusten a tódolos formatos, tanto impresos como dixitais. Desta forma asegurámonos de que lle poidas sacar o máximo partido á imaxe da túa marca e xerar un impacto real nos teus clientes.

Publicacións editoriais

Deseño editorial

Publicacións editoriais

Libros, catálogos, revistas, memorias, guías, folletos... maquetamos e compoñemos todo tipo de publicacións sobre papel. A través do deseño aportamos personalidade e atraemos o ollo do lector,  sempre preocupándonos pola lexibilidade nos textos e a calidade das imaxes para chegar a transmitir a información dunha forma clara.

Comunicación dixiltal

Redes sociais

Comunicación dixital

Xeramos todos os recursos visuais necesarios para poder cumplir cos obxectivos das túas redes sociais, ben respetando un manual de marca ou xerando unha nova campaña publicitaria orixinal e coherente. 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Como traballamos desde Triwus 

Definición 

Primeiro reunímonos contigo, ben de forma presencial ou online, para definir as necesidades do teu proxecto e definir un plan de acción. 

Proposta 

Unha vez que establecemos como abarcar o proxecto, presentamos unha ou varias propostas de deseño. 

Revisión e entrega

Finalmente revisamos e, en caso necesario, corriximos os deseños contigo para asegurarnos de que o resultado encaixa realmente co que precisas.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Estos son algúns clientes que xa confiaron en Triwus para os seus proxectos de deseño

 

Deputación da CoruñaConcello de Boiro

Ilustración

Expertos en contar historias

A través da ilustración temos a capacidade de crear imaxes personalizadas, ben sexa para cartelería, papelería, publicacións editoriais, redes sociais... É un bo recurso que sirve tanto para crear unha imaxe persoal orixinal e divertida como para axudar a explicar procesos complexos de forma visual.

Os nosos clientes son pequenas e grandes empresas que queren transmitir a súa mensaxe de forma personalizada e orixinal.

COMEZAMOS?