Sobre o encargo
Unha web adaptada para tódolos públicos
O museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal buscaba renovar a súa páxina web. Para logralo, plantexamos unha base sólida que cumprira criterios de accesibilidade, realizamos accións como unificar as imaxes, incluimos un mapa interactivo cos puntos máis interesantes dos roteiros e engadimos unha guía virtual do museo. Tamén se instalou un web reader para facilitar a lectura.
Realizáronse gravacións de audioguiás en tres idiomas, ás cales se accede a través de códigos QR situados en distintos paneis repartidos polas instalacións.
Todo o proxecto está deseñado prestando especial atención á accesibilidade.