Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Triwus
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Mupi turístico Concello de Boiro

Aplicación web pantalla interactiva

Mupi de información turística Concello de Boiro

Sobre o encargo

Unha ferramenta turística interactiva

O Departamento de Turismo do Concello de Boiro necesitaba situar no paseo marítimo de Barraña unha pantalla interactiva na que calquera usuario puidese consultar os contidos da web boiroturismo.gal de forma rápida, sinxela e intuitiva.

En Triwus realizamos un desenvolvemento para adaptar ditos contidos a este dispositivo, creando para isto tanto unha nova interfaz de navegación, como unha reformulación de estilos que garantiran a mellor visualización posible.

Un proxecto que xa permite a calquera usuario a consulta en catro idiomas de unha gran cantidade de información turística de especial interés para o cidadán.

CLIENTE
Concello de Boiro

ANO
2024

SERVIZOS
- Desenvolvemento web
- Adaptación de contidos a dispositivo interactivo
- Interface de navegación

UBICACIÓN
Paseo marítimo de Barraña (Boiro)