Sobre o encargo
Xogos tradicionais por e para as crianzas
A Concellería de Política Lingüística do concello de Boiro en colaboración coa Xunta de Galicia e os CEIP de Abanqueiro, Escarabote, Cespón, Praia Xardín, Santa Baia e Santa Mª do Castro, realizaron este proxecto no que as crianzas recopilaron unha serie de xogos tradicionais, explicando detalladamente como xogar a cada un deles e tódalas súas variantes. Desde Triwus encargámonos de catalogar os xogos nunha páxina web totalmente personalizada e darlle vida ao proxecto a través da ilustración.