Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Triwus

Deseño de software

Realizamos o deseño de software á medida dos teus proxectos para que poidas dar renda solta as túas ideas. O noso sistema é flexible e pódese cambiar ou actualizar cando queiras.

Programación a medida

Transformamos ideas en solucións dixitais

Se tes unha idea para mellorar o funcionamento do teu negocio, podemos axudarte a convertela nunha ferramenta real. En Triwus deseñamos e desenvolvemos software adaptado ao que ti necesitas: plataformas, aplicacións web ou sistemas pensados para aforrar tempo, facilitar o traballo e automatizar tarefas manuais.

Creamos paneis internos para equipos, zonas privadas para clientes, sistemas para xestionar pedidos, axendas, inventarios ou calquera outra funcionalidade que se che ocorra.

Todo de forma sinxela, segura e cun acompañamento próximo.

Sen límites
Sen límite de usuarios, subscricións ou licencias. Poderás xerar múltiples perfís, escoller que poden ver e modificar o rol de cada persoa do teu equipo.

Automático
Desenvolvemos o software de xestión que precises para automatizar todos esos procesos que ata agora facías a man, organizar a túa axenda, subir ficheiros e moito máis!

Ao teu xeito!
Necesitas un programa que se adapte á túa forma de traballar? Podemos axudarte! Contacta con nós para deseñar o teu software 100% a medida.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Como traballamos desde Triwus 

Análise e deseño
Nunha entrevista previa definimos os contidos e funcionalidades que necesitas que realice o teu software.

Programación e probas
Poñémonos mans á obra! Desenvolvemos o software e asegurámonos de que todo funcione correctamente.

Fase beta
Listo para usar! Chegados a este punto o software estará preparado para comezar a traballar.

Formación
Proporcionámosche formación, tanto online como presencial. Acompañámosche para que poidas chegar a xestionar o teu software de forma 100% independente.

Seguimento e soporte técnico
Unha vez rematado o traballo seguimos a túa disposición para solucionar as dúbidas que poidan surxir.

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Os nosos clientes son pequenas e grandes empresas que necesitan software a medida para facilitar a execución dos seus servizos.

COMEZAMOS?