Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Triwus

Sobre nós

Somos unha cooperativa especializada na creación e deseño de páxinas web, tendas online, aplicacións web e deseño gráfico en Galicia. Contamos cun equipo diverso de profesionais con ampla experiencia en distintos ámbitos para ofrecerche unha solución completa e á túa medida.

Deseño web do noso xestor de contidos feito en Galicia

Que é Triwus?

O único xestor de contidos galego feito en Boiro

Ademais de ser un estudo de programación e deseño, Triwus tamén é un CMS, unha plataforma propia de xestión de contidos, desenvolvida ao 100% por nós en Boiro, Galicia. 

Esta plataforma permite que, unha vez entregada a túa páxina web, poidas actualizar contidos facilmente, sen necesidade de coñecementos técnicos. Podes editar textos, subir imaxes, contactar cos teus clientes e máis.

 

ver plans web completos

o noso proceso

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Por que traballar con Triwus?

Sinerxia durante o proceso de deseño web en Galicia
Sinerxia
Colaborar e acompañar aos nosos clientes durante os proxectos, compartir coñecementos e ideas libremente é a nosa fórmula para chegar a solucións eficaces.
Adaptación
Dun logo a unha web, dun folleto a un libro, cada proxecto é único por iso en Triwus adaptamos os nosos recursos para aportar solucións coherentes coas túas ideas.
Experiencia
A ampla experiencia do noso equipo axúdanos a ter unha visión máis certeira á hora de afrontar os retos e problemas que se poidan interpoñer.
CMS propio
O feito de ter desenvolto a nosa propia plataforma de creación web danos axilidade á hora de ofrecer solucións á medida de cada necesidade.

Que facemos

Tecnoloxía e creatividade

Triwus é unha plataforma de creación web feita 100% na casa, pensada para que calquera persoa poida ter a súa web dun xeito doado, sen complicacións.

Ofrecemos solucións completas para todo tipo de proxectos, grazas a un equipo pequeno pero multidisciplinar e unha rede de colaboracións que medra connosco.

Apostamos por outro xeito de facer as cousas: traballamos en cooperativa porque cremos nas persoas, na colaboración e na economía social.

A onde queremos chegar

Adaptación e mellora constante

En Triwus, cremos na evolución constante. A nosa forza está na capacidade de adaptarnos a un mundo dixital que cambia sen parar, ofrecendo sempre solucións actuais, eficaces e orientadas ás persoas.

Queremos transformar ideas en proxectos vivos, útiles e satisfactorios, tanto para quen os usa como para quen os impulsa.

Por iso, Triwus é un sistema vivo, en actualización continua, pensado para dar máis vida, valor e futuro aos teus proxectos.